sábado, 10 de decembro de 2016

SAIDA : MARIA JOSÉ JOVE. EXPOSICIÓN DE PINTURA

Por fin o día 30 de novembro os nenos e nenas de cuarto fomos á exposición aplazada que tiñamos en María José Jove. 

Gustounos moito...

HISTORIA DO CINE : Donas e cabaleiros, empeza o espectaculo

GEORGES MÉLIÈS

E o cine de 1900


O pasado martes 29 de novembro os nenos e nenas de cuarto fomos a ver unha exposición sobre a historia do cine no kiosko Alfonso.

A incrible historia dun dos ilusionistas máis populares de París, Georges Méliès que se converteu no creador do espectáculo cinematográfico. 
Méliès revolucionou o cine: contruiu o primeiro estudio de rodaxe e impulsou a produción e distribución de películas. Tamén traballaba como actor e escribí a dirixía os seus propios filmes. Un auténtico home orquestra entregado á maxia do cine e ás historias fantásticas.

GRANDE EXPOSICIÓN DE FOTOS, MAQUETAS E CARTEIS. E A PROXECIÓN DE PELÍCULAS DE GEORGES MÉLIÈS

Gustounos moito a película VIAXE Á LÚA, a obra maestra de Georges Méliès. Catorce minutos de trepidantes repletos de acción e aventuras fantásticas.

martes, 8 de novembro de 2016

O mundo da enerxía

Este martes, día 8 de novembro, os nenos e nenas de cuarto tivemos unha saída aos xardíns de Méndez Núñez. Alí atopábase unha aula móvil de Repsol onde nos falaron sobre a enerxía: as súas fontes, as diferentes clases...pero sobre todo do petóleo e os seus derivados.


Mentras un grupo estaba facendo as actividades e atendendo á charla na aula móvil, o outro grupo por iniciativa da profesora Dolores, estivo vendo unha exposición sobre o mar, no edificio da Terraza que estaba ao lado.Despois como nos quedaba un pouquiño de tempo, estivemos xogando nun parque que tamén estaba alí nos xardíns e que tiña uns xogos moi divertidos.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS E PASÁMOLO MOI BEN!!!DE RECHUPETE!!!

venres, 23 de setembro de 2016

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO 16/17!

Despois dunhas largas vacacións, chega o momento de voltar ao cole. Hoxe damos a benvida a un novo curso escolar no que aprenderemos un pouquiño máis, pero sempre farémolo cun sorriso e pasándoo mellor que ben.




Estades preparados? Pois imos a iso.
Á dunha, á de dúas e á de...tres!





4ºA 
Titora: Flor Antelo Cambeiro





4ºB
Titora: Dolores Díaz Velasco

mércores, 1 de xuño de 2016

DE PASEO POLAS RÚAS MEDIEVAIS

O trazado das rúas estreitas e tortuosas lémbrannos a existencia dunha cidade medieval na hoxe Cidade Vella. A maioría dos edificios desapareceron co paso dos anos a favor de construccións de séculos posteriores que reflicten a importancia desta zona da cidade.
Os nomes das rúas suxirennos, como puido ser a organizacion da cidade en tempos medievais.


XARDÍN DE SAN CARLOS



Hoxe en día é un xardín, pero na época medieval foi unha fortaleza. Co paso do tempo, a fortaleza deixou de cumprir as funcións e converteuse no lugar onde se garda a pólvora da cidade.






Non é ata o século XIX que, mediante unha subscrición popular, o terreo adáptase para realizar o xardín que hoxe en día coñecemos.

PLAZUELA DAS BÁRBARAS



 É quizais o lugar da Cidade Vella co aspecto máis medieval. Este convento sufriu diferentes transformacións ao longo da historia, ate o aspecto que hoxe podemos observar.


                 
Dos restos medievais conservados do convento, chama a atención unha peza situada encima da porta. Descoñécese de onde provén, aínda que se sabe que foi colocada nese lugar en 1613, tal e como indica a inscrición.

Aínda que as pedras cóntannos historias, tamén é necesario observar con moita atención e distinguir as personaxes que aparecen na escena, só desa maneira poderemos entender o que nos quere transmitir.




PLAZA DE AZCÁRRAGA



O centro da vida urbana medieval ocupábao a praza onde se situaban os edificios máis representativos da vila. Da praza partían as rúas estreitas ocupados sempre por unha intensa actividade.


Neste espazo atopábase o pazo da fariña, onde se almacenaba o gran e demais alimentos. Este edificio é a causa de que o lugar adquira o nome de Praza da Fariña a partir do século XVI, conservándo este nome durante séculos.



COLEXIATA DE SANTA MARÍA




Foi declarada monumento Histórico Artístico en 1931. É un dos edificios máis importantes da nosa cidade.




 O edificio orixinal románico construíuse no século XII no punto máis elevado da Cidade Alta.


Podíase elixir para dar importancia a unha poboación, pero sen poñer alí unha sede episcopal.





OUTRAS RÚAS DA CIDADE VELLA